Foz inicia en San Martiño unha mellora de camiños rurais que afectará a outras catro parroquias

O acondicionamento da vía Río-O Carme, cun orzamento de case 99.000 euros, será a primeira dunha serie de obras con cargo ao Plan Único

Obras na vía Río-O Carme. AXM

O Concello de Foz anunciou o inicido das obras de acondicionamento de camiños rurais incluídas no Plan Único 2019. Os traballos iniciáronse no viario RíoO Carme, pertencente á parroquia de San Martiño, actuación que conta cun orzamento de 98.700 euros.

Desde o Concello focense explican que “os primeiros traballos a realizar corresponden ao perfilado e limpeza de cunetas e marxes do camiño, polo que rogamos se circule coa máxima precaución durante o desenvolvemento das obras”. O goberno local pide desculpas polas posibles molestias causadas.

As obras consisten na limpeza e perfilado de cunetas e na mellora do firme, con aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor. Neste camiño que atravesa o barrio de Xinzo ademais do reforzo de sinalización horizontal e vertical “incorporaranse badéns para limitar a velocidade, xa que o viario presenta unha recta moi prolongada de baixada que pode dar lugar a unha circulación inapropiada”, avanza o executivo municipal.

O Plan Único 2019 prevé a renovación de firme de varios viarios das parroquias de Cangas, Nois, Fazouro, San Martiño e Santa Cilla.

ABASTECEMENTO DE MAÑENTE

Ademais completouse a renovación do abastecemento de auga en Mañente, onde unicamente quedan pendentes uns remates supeditados á obra de emerxencia que está a levar a cabo o Ministerio de Fomento na ponte sobre a estrada Nacional 642.

A actuación incluía a substitución da antiga tubaxe de fibrocemento por unha nova condución de PVC de 125 milímetros de 10 atmosferas de presión, cunha lonxitude total de 1.700 metros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here